viernes, 23 de marzo de 2007

Teatro Principal A Estrada: 22.30 - Elliott Murphy And The Normandy All Stars


Cuarto concerto da programación na Estrada do Marzopop

Actuación do cantautor norteamericano Elliott Murphy acompañado pola banda The Normandy All Stars.

Dentro do grupo eléctrico destaca a presenza de Kenny Margolis, teclista de Cracker.

O venres día 23 de marzo, as 22.30 horas da noite, o Teatro Principal acollera de novo –ó módico prezo de 5 euros á entrada- un concerto programado dentro do denominado Marzopop da Estrada.

Trátase nesta ocasión do cantautor norteamericano Elliott Murphy. Admirado por persoeiros tales como Tom Petty, Elvis Costello ou Lou Reed, habitual colaborador de Springsteen. Elliott Murphy, un dos cantautores folk-rock míticos de Norteamérica achégase por primeira vez acompañado dunha banda eléctrica a Galicia.

Elliott Murphy é, sen dúbida, un dos máis extraordinarios personaxes dentro da historia do Rock. Neoiorquino residente en Paris, expatriado da “gran mazá” e das grandes discográficas multinacionais, moitos o consideran un dos máis apaixonados, cultos e intelixentes compositores do rock. Os seus admiradores no negocio da música son lexión, incluíndo luminarias como Peter Buck de R.E.M., Lou Reed, Tom Petty, John Mellencamp e Elvis Costello. Nun dos seus últimos álbumes colabora Bruce Springsteen (quen por certo, cada vez que toca en Paris, non pode resistirse a invitar a Murphy a subir ao escenario).

Desde 1973, Murphy publicou xa máis vinte e cinco álbumes, cunha impresionante resposta da crítica. Desde o seu celebrado debut Aquashow (do que a revista Rolling Stone escribiu: “Elliott Murphy e o seu traballo estarán connosco mentres siga existindo o rock and roll”) ata o seu último traballo, Elliott Murphy mostra un estilo propio e genuino. A súa imaxinería poética, a súa maestría á hora de contar historias e as súas letras introspectivas proporcionáronlle un seguimento de culto en Estados Unidos e un auténtico estrelato en Europa. “Pensaba que ninguén me coñecía alí”, recorda, “ata que no meu primeiro concerto en Paris pedíronme 6 bises”.

Na actualidade, Elliott Murphy vive en Paris coa súa familia. Fai xiras constantemente, tanto só como coa súa banda. Aparte da súa impresionante creatividade musical, escribiu unha colección de relatos curtos e unha novela, Frío e Eléctrico, publicada en varios idiomas. Escribiu tamén as notas de portada do álbume 69 live de The Velvet Underground. “A literatura é a miña relixión” dixo Murphy nunha recente entrevista “pero o rock and roll é a miña adición”. Non todo na súa carreira foi música e literatura: en 1972, interpretou un pequeno papel na película Roma, de Fellini. As suas numerosas xiras por España leváronlle a colaborar no primeiro CD do grupo asturiano The Stormy Mondays, con quen realizou varias viras europeas.

”O rock and roll non me fallou nunca. Creo que somos nós os que lle fallamos ao soño do rock and roll, o que queira que fose ese soño”. Logo de case trinta anos de carreira e máis de vinte discos editados, a historia aínda continúa...


6 comentarios:

Anónimo dijo...

Si por un instante Dios se olvidara de que soy una marioneta de trapo y me regalara un trozo de vida, posiblemente no diría todo lo que pienso, pero en definitiva pensaría todo lo que digo...:


Creo que el ser humano es un ser sediento de amistad, son muchas las personas que a lo largo de la historia se han expresado por escrito sobre la amistad. Quizás, se deba a la gran importancia que tiene en la vida del ser humano para su desarrollo global, su armonía interna y sus relaciones con las otras personas.

Anónimo dijo...

¿Como vivir la amistad para que vaya siendo cada vez más verdadera?..

Anónimo dijo...

La respuesta es importante pero no es fácil de contestar...

Sin embargo podríamos reflexionar sobre ciertas características que podrían ayudarnos a quitar las basuras, que a veces, tanto la empañan y así podemos vivirla con mayor transparencia...:

Anónimo dijo...

- No forzar: la amistad no se puede imponer, no podemos forzar a nadie a ser amigo nuestro.

- No engañar: no podemos disimular,haciendo creer al otro que soy distinto de lo que soy, para que el otro me aprecie. Lograría así que la otra persona fuera amigo de lo que aparento ser, pero no existe.

- No ilusionar vanamente: ilusionar es engañar simulando por mi parte disposición a la amistad que en realidad no tengo. Es dejar creer al otro que voy siendo amigo suyo, sabiendo que no es así.
Saber que lo estoy engañando respecto a mis disposiciones y no sacarlo del engaño... o hacerle desear cosas u ofrecerle PLANES ...... que en realidad no le voy a conceder o NO SE VAN A LLEVAR A CABO.

- No ser egoísta: la persona somete a la amistad a su propio bien. No debo ser amigo de otro teniendo como objetivo primero mi bien, buscando casi solo mi propio provecho.

Anónimo dijo...

...Si por un instante Dios se olvidara de que soy una marioneta de trapo y me regalara un trozo de vida daría valor a las cosas, no por lo que vale, sino por lo que significan. Dormiría poco, soñaría más, entiendo que por cada minuto que cerramos los ojos perdemos sesenta segundo de luz.
HE APRENDIDO que todo el mundo quiere vivir en la cima de la montaña, sin saber que la verdadera felicidad está en la forma de subir La escarpada.

Anónimo dijo...

" No podemos resolver problemas usando el mismo tipo de pensamiento que usamos cuando los creamos"

Supoño que na estrada todo transcurriu civilizadamente:
o sitio vacio foi ocupado e unha pasada escoitar a Elliot.